Cargando...

Autocares M. García

Especializados en transporte adaptado

  • Conductor con amplo vagaxe no trato a discapacitados
  • Autocar con plataforma elevadora para cadeiras de rodas
  • Fixación de máxima seguridade para cadeiras de rodas

Trasladando persoas dende 1958

Viaxes sen barreiras

Autocares M. García é unha empresa de aluguer de autobuses situada na provincia da Coruna e especializada en transporte accesible, co 100% da flota adaptada a usuarios con diferentes discapacidades. Autocares M.García é membro fundador da Rede Española de Turismo Accesible (Red Estable), recoñecido como grupo innovador de negocios (AEI), consolidouse como agrupación de referencia de turismo accesible en España. Tamén é membro da ENAT (Rede Europea de Turismo Accesible).

Fundada en 1958

1958

Fundación da empresa mediante a compra do primeiro vehículo.

1998

Adquisición dos dous primeiros autocares adaptados.

2006

Renovando os vehículos, acadamos ser a primeira empresa de transporte en Galicia co 100% da flota accesible.

2008

Escollidos por Stephen Hawking na súa viaxe a Galicia.

2009

Socios Fundadores da Rede Española de Turismo Accesible.

2009

Recibimos o premio á mellor iniciativa nacional sobre a discapacidade de mans do presidente de ASPAYM.

2010

Certificados en sistemas de xestión da calidade e medio ambiente ISO ISO 14001, ISO 9001 e UNE EN13816.

2012

Entramos na ENAT (Rede Europea de Turismo Accesible).

2014

Apostamos pola Responsabilidade social das empresas a través do desenvolvemento dunha memoria de acordo cos criterios Xunta PRO-RSE e asinamos o Pacto Mundial.

2015

Elaboración Do Plan de Igualdade.

Vehículos 100% accesibles

Transporte sen barreiras

Sistemas de accesibilidade

Todos os vehículos na nosa flota están equipados con plataformas elevadoras.

Elementos de seguridade

Ademais das últimas tecnoloxías en seguridade viaria, temos o equipamento máis innovador do mercado para a subxección de cadeiras de rodas.

Vehículos de diferentes capacidades

Temos unha flota variada, con capacidades de 5 a 53 asentos e totalmente configurables.

Aluguer de autobuses adaptados ás súas necesidades

A nosa especialidade son os servizos que precisan condicións melloradas de accesibilidade e coidados. O noso equipo ten unha ampla experiencia no trato a persoas con diversas funcionalidades e podemos modificar o interior dos nosos vehículos para acomodar varias cadeiras de rodas.

Servizos

Transporte feito á medida

Toda a flota de Autocares M. García pódese configurar segundo as necesidades do cliente. Con todos os seus asentos, os nosos autobuses non difiren dos autobuses regulares, podendo realizar os mesmos servizos.

A nosa capacidade de adaptación é o que nos distingue, podemos ofrecer diversas posibilidades para organizar os seus desprazamentos segundo sexa un grupo, viaxe ocasional ou unha ruta diaria para a súa organización.

Servizo discrecional adaptado

  • Desprazamentos para asociacións.
  • Traslados a eventos.
  • Viaxes de Turismo Accesible.

Servizo discrecional estándar

  • Transporte para vodas, comuñóns e outros eventos.
  • Excursións e visitas turísticas.
  • Transfers.

Servizo regular adaptado

  • Centros diurnos para persoas maiores.
  • Centros de rehabilitación.
  • Escolas.

Servizo regular estandar

  • Centros de estancias diurnas.
  • Transporte de traballadores.
  • Transporte escolar.

Pide un orzamento

Compromiso coas persoas e o entorno

Buscando a satisfacción dos nosos clientes

En Autocares M.García, conscientes do compromiso cos nosos clientes e coa sociedade en xeral, decidimos asignar todos os recursos necesarios para establecer na organización un sistema de xestión da calidade e medio ambiente.

Cerfificado ISO 9001 Cerfificado UNE EN 13816 Cerfificado ISO 14001

Autocares M. García está certificado en:

  • Calidade ISO 9001 Sistema de Xestión Xeral
  • Sistema de Xestión da Calidade UNE 13816 específica para o transporte de pasaxeiros
  • ISO 14001 Sistema de Xestión Ambiental

Adheridos ao Pacto Mundial

Estamos Adheridos ao Pacto Mundial e comprometémonos a cumprir os 10 principios nos que se basa, 2integrando o respeto dos dereitos humanos, sociais e laborais, respeto ao medio ambiente e loita contra a corrupción.

Coñecer máis (Este enlace abre o contido noutra ventá)

Experiencia

Clientes

Grazas á confianza durante anos de grandes institucións, empresas e asociacións, podemos dar garantía de experiencia e calidade.

Solicítanos un orzamento

Estaremos encantados de atenderte

Se desexas que calculemos o importe dun servizo podes facelo usando o seguinte formulario ou chamando directamente ao 981 252 047.

Contacta con nós

Chámanos de luns a venres ao 981 252 047

Se precisas poñerte en contacto con nós, podes facelo a través do formulario de contacto ou chamando directamente ao 981 252 047. Estaremos encantados de atenderte.

  • Enderezo: Avenida de Finisterre 339 15008 A Coruña, Galicia (España)
  • Teléfono: (+34) 981 252 047
  • E-mail: info@autocaresmgarcia.com
  • Horario da oficina: Luns a venres de 9:00 a 13:00 e 16:00-19:00